— Fe em Deus na Guarda —

SETEMBRO 2018

Nos días 22 e 23 a lancha poveira (Póvoa de Varzim, Portugal) está na Guarda con motivo da romaría de Santa Trega (días 23) e coincidindo coa inauguración da exposición de marcas mariñeiras na Casa dos Alonso.

O sábado 22 pola tarde está prevista a realización de navegacións dende o Porto da Guarda, a partir das 16:00 ou 17:00 (dependendo da hora de chegada á Guarda).

Ás 19:00h na Casa dos Alonso haberá unha charla inaugural da exposición "Marcas de Pescadores", a cargo de Agustín Ferreira Lourenzo.

O domingo 23 unha representación da Póvoa de Varzim participa na misa e procesión de Santa Trega, na ermida do monte.

ASOCIACIÓN PIUEIRO
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar