— A Guarda —

Estamos nun curruncho de Galicia, alguén podería pensar que na periferia... error! Estamos no punto de partida cara o Atlántico e dende tempos inmemoriais a nosa costa, partillada coa veciña Portugal, é unha das principais vías de comunicación marítima a nivel mundial. 

A Guarda mira ao mar... e ao río tamén, pero mira máis ao mar. A nosa frota pesqueira é poderosa, tanto que nin nos cabe no porto, por iso de cando en vez atracamos en Vigo, aínda que podes atopar barcos guardeses por calquera oceáno.