PASAIAITSASFESTIBALA 2022

Dende A Guarda a Pasaia para que o volanteiro estea a finais de maio nun dos encontros de embarcacións tradicionais máis senlleiros da Península Ibérica e onde o convidado de honra é Portugal.

INFO IMPORTANTE!!!

Tivemos unha avaría no motor e precisamos colaboración para reparalo!!!

Lanzamos un SOS. Necesitamos a vosa axuda para retoma-la nosa ruta a Pasaia. Abrimos unha campaña de crowdfunding para recadar fondos e poder repara-lo motor. Se queres axudarnos podes facer o teu donativo na nosa conta ES19 2080 5038 4630 4002 3656. Tamén temos un código de Bizum 05536, entrando no apartado de "doazóns" da aplicación (é importante que nos digas o teu nome porque todos os que nos axudedes participaredes no sorteo dunhas camisetas do Piueiro e dunha saída a bordo na que poderás formar parte da tripulación). Tamén podes axudarnos difundido esta mensaxe. Grazas!! Axúdanos a chegar a Pasaia Itsas Festibala e divulgar a nosa cultura mariñeira! Seredes o noso tripulante número 12.

Lanzamos un SOS. Necesitamos vuestra ayuda para retomar nuestra ruta a Pasaia. Hemos puesto en marcha una campaña de crowfunding para recaudar fondos y reparar el motor. Si quieres ayudarnos puedes hacer tu donación en nuestra cuenta ES19 2080 5038 4630 4002 3656. Si prefieres usar Bizum, entra en la aplicación en la sección de "donaciones" e indica el código 05536. ¡¡¡Gracias por anticipado!!!

Se queres saber do día a día da singladura, bota unha ollada ás nosas redes sociais ;)

Facebook
ASOCIACIÓN PIUEIRO
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar