— Culturmar —

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) nace no ano 1993, ao abeiro dunha xuntanza de embarcacións tradicionais celebrada en Ribeira co obxectivo de defender, divulgar e dinamizar o Patrimonio Marítimo de Galicia (mais adiante tamén Fluvial), particularmente as embarcacións tradicionais que o integran. Dende o seu inicio a FGCMF caracterizouse pola realización das seguintes accións:

  • Recuperación de embarcacións e tipoloxías tradicionais.
  • Realización de investigacións no eido patrimonial costeiro e marítimo.
  • Dinamización das embarcacións mediante a realización de regatas e exhibicións conxuntas.
  • Difusión do patrimonio marítimo e fluvial galego.
  • Fomento do asociacionismo cultural nas vilas e lugares costeiros.

Dende abril de 2018 a Asociación PIUEIRO forma parte de Culturmar.