— PROXECTO "VOLANTEIRO" —
A memoria do pasado dinos
porqué somos o que somos e porqué chegamos onde chegamos. Sen ela
non seriamos nada. Cremos que entre tod@s debemos facer un esforzo
por recuperala e poñela en valor. Lembrar é volver vivir. Temos
unha memoria común, formada por recordos, contos, tradicións,
crenzas e embarcacións. Esta memoria é de todos/as e pertence a
todos/as. A memoria nunca é individual. É o medio polo cal podemos
chegar a entrallar o pasado co presente e co futuro. Só o
noso patrimonio cultural é capaz de sintetizar o conxunto de todas
as nosas memorias e recordos. Non debemos de perdelo.
No verán do 2019 A Guarda acolleu o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Trátase dunha das manifestacións máis importantes da cultura marítima a nivel estatal e europeo, non só polo número de embarcacións participantes, procedentes de diferentes puntos de Europa, senón polo que representa na recuperación do patrimonio e tradicións mariñeiras. Conseguímolo grazas ao esforzo de todos e todas.
O obxectivo de PIUEIRO era conseguir que para ese evento, na nosa mar, proxectaramos a silueta da embarcación que, conxuntamente coa gamela, foi a máis representativa do noso pobo: O Volanteiro. Acometer a construción dunha embarcación deste tipo só foi posible coa xenerosidade de todos e todas, afrontando este reto colectivo.
Vídeo do do 17 de Maio 2020, Días das Letras Galegas adicado a Carvalho Calero
Como entendiamos que a súa construción é un obxectivo común, consideramos a posibilidade de crealo entre todos e todas, peza a peza, caderna a caderna...
Para iso creamos un sistema de financiamento en base ao apadriñamento e amadriñamento de pezas. Calquera achega foi fundamental e benvida, reflectindo o compromiso común dun pobo que se resiste a perder a súa identidade e que aposta por crear unha cultura da memoria, unha cultura con futuro .
— APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO DE PEZAS —
MADRIÑAS E PADRIÑOS DE PEZAS e COLABORACIÓNS
Marine Technology Developments SL
C.E.I.P. Pintor Antonio Fernández
María del Carmen Castro Gonzalez y Joaquin Cadilla Rodriguez
Albergue de peregrinos Cetarea Redonda
Comunidade de Montes de Camposancos
Comunidade de Montes de Salcidos
Comunidade de Montes de A Guarda
Comunidade de Monte de O Rosal
Juana MªParada Guinaldo
Electro Naval Galicia SL
Gambuza SL
Jorge Vicente Ameal
Antonio Baz Rodríguez
Arturo Baz Rodríguez
Natal Pesca SL
Emilio Vicente Lomba SL
Pesquera Alba SL
Grupo Perlom SL
Pesquera Jobedo SL
Jose Luis Freire (Cabomar)
Cadilla CB
Torres y Gago LDA
Asociación Armadores de buques de pesca Marín
Tabapesca CB
Pesquera Rodríguez Baz SL
Inxenia Desarrollos Tecnologicos SL
Alemar Pesqueros SL
Suministros Navales Santa Tecla SL
Astilleros y Varaderos Montenegro SA
Astilleros Francisco Cardama SA
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentacion
Son moitas as persoas e entidades que dun xeito ou doutro fixeron aportacións á construción do volanteiro, se por un casual nos deixamos a alguén fóra, por favor comunicádeo; con sumo gusto engadiremos a voso nome neste apartado e vaian as nosas desculpas por adiantado.
Este proxecto recibiu unha axuda económica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación