— Arquivo Piueiro —
Dende o nacemento da asociación son moitas as persoas que colaboran con PIUEIRO a través da cesión e/ou doazón de obxectos, imaxes, vídeos, etc. vencelladas ao patrimonio marítimo e fluvial da Guarda.
A través de exposicións amosamos unha parte dos fondos, ben sexa en mostras que organiza PIUEIRO ou doutras entidades (como temos feito co Museo de Póvoa de Varzim) e dese xeito axudamos a divulgar e pór en valor este patrimonio.
Velaí unha pequenísima escolma, e por suposto: moitas grazas a todas e todos polas vosas aportacións!