A ROSEGHA 2024
unindo pobos
Dende a ASOCIACIÓN PIUEIRO agradecemos o teu interese en participar na ROSEGHA 2024. De cara a poder organizar os aloxamentos, manutencións e todo o relacionado coas navegacións e os fondeos, por favor le con calma os distintos apartados e envía a información requerida.
INSCRICIÓN DE EMBARCACIÓNS
O proceso de inscricións está pechado dende o 12/07/24 ás 10:30h.
INSCRICIÓN TRIPULACIÓNS para ALOXAMENTO e/ou MANUTENCIÓN
O proceso de inscricións do aloxamento está pechado dende o 12/07/24 ás 10:30h.

A Rosegha facilita para as tripulacións a posibilidade de xantar e cear os días da xuntanza de embarcacións. Para iso podedes mercar individualmente aqueles xantares e/ou ceas nas que teñades pensado asistir a través da PLATAFORMA DE OR.PA.GU. (Organización de Palangreiros Guardeses), que é unha entidade que colabora habitualmente coa Asociación PIUEIRO dende os seus comezos. Lembra que para facer uso destes bonos deberás enviar tamén o FORMULARIO de inscrición de tripulacións para garantir que ´só as persoas das tripulacións poderán facer uso deste servizo.