A ROSEGHA 2024
unindo pobos
A Rosegha recupera do fondo os aparellos perdidos e neste 2024 a Asociación PIUEIRO comeza unha nova singladura para avanzar nese rescate da nosa cultura de onde se agocha, de onde non se ve. A ROSEGHA arrastra á superficie o esquecido.
Durante os días 12-13-14 de xullo de 2024 terá lugar a primeira edición da ROSEGHA, na que o protagonismo é para as embarcacións tradicionais (haberá navegacións) e moitas actividades máis: concertos, conferencias, artesanía e, por suposto, as xa recuperadas gameliñas para as familias con nen@s.