INFORMACIÓN DA ROSEGHA 2025

A Rosegha recupera do fondo os aparellos perdidos e neste 2025 a Asociación PIUEIRO organiza a II edición desta singladura para avanzar nese rescate da nosa cultura de onde se agocha, de onde non se ve. A ROSEGHA arrastra á superficie o esquecido.

Durante os días 12 e 13 de xullo de 2025 terá lugar a segunda edición da ROSEGHA, na que o protagonismo é para a navegación de maquetas navais e teremos moitas actividades máis: obradoiros para tódalas idades, mostras e por suposto navegacións no volanteiro PIUEIRO.

A maiores do programa do d´íptico informamos que o DOMINGO ÁS 11:00 haberá unha IZADA DE VELAS no porto da guarda.

INFORMACIÓN PARA MAQUETISTAS

Se vas acudir coa túa maqueta, por favor CONSULTA AQUÍ toda a información tocante a opcións de xantares e cea. As inscricións pecháronse o 4 de xullo.

ASOCIACIÓN PIUEIRO
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar